A Xunta concede axudas a 60 entidades locais para a igualdade

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) coa productora do filme “Live is life”. Asisten Luisa Romero (Frida Films) e Toni Novelle (Cats Pictures) acompañados por Aurelio Gómez Villar (Asesor de Cultura).

O Diario Oficial de Galicia publica   a resolución da orde de axudas destinadas ás entidades locais galegas para a promoción da igualdade. En total, na provincia de Ourense serán beneficiarias 60 entidades locais que integran un total de 74 concellos.

Tres dos programas destas subvencións están cofinanciados polo Fondo Social Europeo e inclúen o apoio a catro programas dirixidos ao fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; e ao funcionamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM).

FESTAS EN RIBADAVIA

VIDEO

A cuarta liña destinada a accións de  sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres enmarcase no desenvolvemento en Galicia das  medidas ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Para a realización de iniciativas que permiten fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través de medidas que aposten pola conciliación da vida persoal, laboral e familiar serán beneficiarias 22 entidades locais : 21 concellos  (Avión,Baños de Molgas, Boborás, Castrelo do Val, Coles,  Lobios, Melón, Monterrei, Muíños, Oímbra, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Piñor, Porqueira, Rairiz de Veiga, Ribadavia, A Veiga, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín e Xinzo de Limia) e  a mancomunidade Terra de Celanova.

As axudas para a posta en marcha de promoción da igualdade e prevención de violencia de xénero chegarán a 16 entidades locais e un total de 29 concellos co obxectivo de que leven a cabo accións orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes, así como actuacións para loitar contra a explotación sexual. Neste programa serán beneficiados: Allariz, Barbadás, Boborás, Carballeda de Avia, Laza, Lobios, Maceda, Melón, A Mezquita, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, A Pobra de Trives, Taboadela, Vilar de Santos; e as mancomunidades de Municipios da Comarca de Verín e a de Terra de Celanova.

Tamén os 15 Centros de Información á Muller (CIM) da provincia -dos que cinco deles son de mancomunidades de municipios- recibirán apoio para atender a mulleres en situación de especial vulnerabilidade levada a cabo polas persoas profesionais destes centros. De feito, estas axudas financian a contratación para cubrir postos de traballo nos CIM de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero. Os CIM da provincia benefician a un total de 52 concellos e  son os de Avión, O Barco, Barbadás, O Carballiño, Xinzo da Limia, Maceda, Muíños, Ourense, Pobra de Trives, Viana do Bolo, Mancomunidade Terra de Celanova, Mancomunidade do Ribeiro, Mancomunidade Conso-Frieiras, Mancomunidade Santa Águeda e Mancomunidade de Comarca de Verín. 

Por último, para desenvolver as accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres postas en marcha no marco do Pacto de Estado de Violencia de Xénero, contarán coa axuda desta orde 45 entidades locais (incluídas dúas mancomunidades) que suman 54 concellos.