Hoxe ábrese o prazo de inscripción para o campamento de verán do Concello

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüistica do concello do Carballiño, finanza un campamento de verán para un total de 80 participantes, impartido  pola empresa Mais Escola XXI.

É un servizo de balde, dirixido a nenos/as empadronados no Concello de entre 4 a 12 anos no que se ofertan diferentes actividades que permitan aproveitar o tempo de lecer dunha forma educativa, divertida e saudable, respetando as actuais normativas de prevención necesarias fronte ao Covid-19, sendo obrigatorio o uso de mascarilla de todos/as as participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Habilitaranse dúas quendas; a primeira, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto e unha segunda dende o 10 de agosto ata o 28 de agosto.

Os interesados/as deberán recoller a folla de inscrición nos Servizos Sociais e presentala no Rexistro Municipal ou na sede electrónica do Concello dende mañá martes días 14 ata o xoves día 16 de xullo.

A asignación de plazas será por rigorosa orde de entrada en dito Rexistro.

Para máis información, pódese chamar ao teléfono 988 531 076.