O BNG de Leiro alerta da limpeza dos marxes das vías con productos fitosanitarios

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o BNG de Leiro amosaron a súa preocupación e desconfianza co goberno local con respecto ós carteis colocados pola Deputación de Ourense anunciando a limpeza das marxes das estradas con productos fitosanitarios.
Despois dunha moción presentada polo BNG en febreiro deste ano, o pleno do concello de Leiro declarou que o municipio é libre de glifosatos.  Despois de ver estes anuncios nas parroquias polas cales pasan estradas de propiedade provincial, desde o BNG pregúntanlle ó alcalde, Francisco José Fernández, se a Deputación foi avisada da prohibición do uso de glifosatos no concello e se o equipo de goberno está enterado de cais son os fitosanitarios empregados para a limpeza. 
Desde o BNG aseguran que sempre apostan por concellos sostibeis e con conciencia medioambiental. Dende a súa formación entenden que o uso destes productos constitúe un risco para a poboación dos núcleos onde son usados e que ataca á flora, á fauna, ós solos e ás augas. 
Por todo isto, dende o Bloque Nacionalista plantexan como alternativa apostar polos desbroces e evitar o uso de productos químicos.