Mañá comeza o curso de profesionalidade sociosanitaria do Programa Integrado de Emprego

O módulo de atención sociosanitaria, que forma parte das opcións de formación e reinserción laboral do Programa Integrado de Emprego do Carballiño, comezará a súa aindaina este mércores, 29 de xullo, nas instalacións da Mancomunidade.

O curso, de 450 horas, repartidas en 69 días lectivos, de luns a sábados, en horario de 08,00 a 14,30 h., desenvolverase ata o 5 de outubro, e está encamiñado á obtención do certificado de profesionalidade saciosanitario, que é unha saída laboral con moitas posibilidades de éxito.

AVANTAR ACTIVIDADES

E, de feito, as persoas que completaron este curso no programa integrado de emprego 2017/18, atoparon traballo na súa totalidade, moitas delas nas instalacións nas que efectuaron as prácticas.

As clases prácticas do curso realizaranse ao remate das clases teóricas no mes de outubro, do 6 ao 10, cun total de 80 horas.