Novo brote de Covid-19 na comarca: catro do Centro de Saúde do Carballiño e un do de Boborás

O Sergas ven de comunicar que xurdiu un novo brote por coronavirus no Carballiño, que afecta de momento a cinco persoas, pero que se prosigue o rastreo por se poidese haber máis persoas afectadas. Dentro deste mesmo brote rexístrase outro rapaz positivo que pertence ó Centro de Saúde do concello de Boborás.

Publicidade

Ten orixe nunha xuntanza de amigos, que afecta polo momento a 5 persoas, 3 homes de 46, 52 e 32 anos e dúas mulleres de 53 e 42 años. Todos eles en illamento e a seguemento domiciliario. Mantense activo o seguemento de contactos.

Por isto, o concello pide a máxima responsabilidade aos veciños, e en especial á mocidade, para que se respeten escupulosamente todas as medidas sanitarias de separación, uso da máscara e lavado frecuente de mans.

Así mesmo, comunícase que a Policía Local está alertada desta circunstancia, e que intensifica a vixilancia para colaborar coas autoridades sanitarias no control deste brote e na aplicación das medidas de prevención en todo o termo municipal.

A cifra total de positivos na área do Centro de Atención primaria do Carballiño, a día de hoxe é de 20 persoas, sumando os 15 todavía activos dos brotes surxidos nas pasadas semanas e os cinco de hoxe.

Igualmente no Concello de Avión detectáronse 4 casos, con nexo familiar, que afecta un home de 47 anos, unha muller de 31 e dous menores. Todos eles en illamento e seguemento desde o seu Centro de Saúde. Mantense activo o seguemento de contactos.

A detección dun caso positivo, que afecta a unha coidadora da Residencia Sociosanitaria “Ntra. Sra. del Socorro” de Arnoia motivou a posta en marcha, esta mañá, dun cribado a todos os seus residentes e persoal. En total, recolléronse 159 mostras a 90 usuarios e 69 traballadores.