Exposición pública en Maside do proxecto das obras en Pousiña e praza do Bon Suceso en Maside

Hoxe sae publicada no BOP a resolución pola que hai un prazo de 15 días para poder presentar reclamacións sobre o proxecto técnico da obra de plans provinciais de
2020, “Proxecto básico e de execución saneamento, humanización e pavimentación da Pousiña e praza do Bon Suceso en Maside

RESOLUCIÓN NO BOP

AVANTAR ACTIVIDADES

Unha vez aprobado pola Xunta de Goberno Local deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 24 de agosto de 2020, o proxecto técnico da obra de plans provinciais de
2020, “Proxecto básico e de execución saneamento, humanización e pavimentación da Pousiña e praza do Bon Suceso en Maside”, cun orzamento de 48.000 €, redactado polo enxeñeiro
técnico agrícola don Demetrio Espinosa Mangano, colexiado nº 84, exponse ao público, na secretaria do concello, durante o prazo de quince días contados a partir da súa publicación no
BOP, para exame e presentación de reclamacións por todas as persoas interesadas.