O aforo máximo será do 75% e só se poderá realizar o consumo e o servizo en mesa, sen posibilidade de instalación de barras para os clientes da terraza.
Deberá cumprirse a distancia de seguridade entre mesas, que contarán cunha ocupación máxima de 10 persoas por mesa. Ao igual que nos establecementos de hostalaría e restauración, as terrazas dos locais de ocio nocturno terán que pechar non máis tarde das 01.00 horas, sen que poida permitirse o acceso a ningún cliente desde as 00.00 horas.
A Administración autonómica está a manter un diálogo constante cos empresarios do ocio nocturno co obxectivo tamén de estudar as vías de financiamento dispoñibles para paliar os efectos da pandemia.