O PSdeG-PSOE de Leiro expresa o seu total rexeitamento as últimas declaracións do alcalde do municipio, Francisco José Fernández, do Partido Popular e tamén presidente da Mancomunidade do Ribeiro. Os socialistas critican tamén o tono despectivo co que o rexedor se dirixe nos medios de comunicación o voceiro do PSdeG de Leiro o que fai referencia con frases como “ese señor da oposición” ou “é malo e de corto entendemento”. Dende o Grupo Municipal Socialista apuntan tamén que os datos empregados para criticar o mal funcionamento da Mancomunidade salen todos de datos oficiais da mesma.
PUBLICIDADE

Os socialistas apuntan tamén os datos oficiais da Mancomunidade do Ribeiro para apoiar a súa decisión de que o concello de Leiro abandone a mesma, xa que consideran que “non aporta nada tal e como está estruturada hoxe en día”. Aseguran que o coste do servizo de recadación en 2019 foi de 115.498,93€, o que supón un coste a soportar por cada veciño de 22.34, cando en 2017 o coste era de 68.605,03; 12,88 por veciño, o que supón un incremento de 10 euros por veciño. Os socialistas ante esta subida pregúntanse “por que para realizar a mesma actividade recadadora se incrementou o coste do servizo en man de obra en 43.102,57€ en cuestión de dous anos”. Pregunta que tal e como apunta Manuel Rodríguez “segue sen resposta”.
En relación o coste dos servizos de recollida de lixo, os socialistas apuntan a que tamén se disparou pasando de 43,75 € de coste por veciño en 2017 a 81,72 en 2019, pese as subvencións recibidas en 2019 por investimentos e obras. Neste apartado, o voceiro Manuel Rodríguez non da creto a situación que acontece con algúns concellos. “Non entendemos como o Concello de Arnoia, que segue parámetros similares aos de Cenlle ou Cortegada, paga 12.000 euros menos por servizo, algo que repercute directamente nos concellos de Leiro, Cenlle, Cortegada e Beade”.
O PSdeG-PSOE de Leiro tamén fai referencia o apartado de servizos sociais onde “animan ao alcalde e presidente da Mancomunidade a motivarse” lembrándolle que dos 331.589,51 euros de subvencións, correspóndenlle 64,13 a cada un dos 5.170 veciños que pertencen a entidade, namentres que na Mancomunidade limítrofe dispoñen dun total de 891.938,07 euros para unha poboación de 6.987 veciños, “isto supón o dobre do que se percibe no Ribeiro con practicamente a mesma poboación”, sentencia Manuel Rodríguez.
Os socialistas apuntan tamén que en termos globais, os concellos aportaron uns 32.000€ para o servizo de axuda no fogar e que a aportación global da veciñanza dos 5 concellos superou a media dos 70.000€ nos últimos anos. Ante esta situación e vendo o traballo doutras mancomunidades, o voceiro dos socialistas de Leiro, Manuel Rodríguez, considera que “non podemos falar de boa xestión da Mancomunidade tal e como apuntan os datos”. Rodríguez tamén afirma que “se ven o voceiro socialista non ten capacidade legal para solicitarlle o secretario un informe favorable ou desfavorable sobre a permanencia ou non na Mancomunidade do Concello de Leiro, non é menos certo que o exposto por razóns máis que sólidas, xustifican a súa postura e que a moral, ética e politicamente deberían obrigar democraticamente ao alcalde a solicitar dito informe”.