Os senadores do PP de Ourense rexeitan o desprezo do Goberno de Sánchez co seguimento e control das obras da Estación Intermodal

IES CHAMOSO LAMAS

Non hai data, nin se espera que a haxa por parte do Goberno Central, para a comisión de seguimento do convenio marco de colaboración destes traballos

Os senadores ourensáns Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández rexistraron unha pregunta o 28 de maio na que solicitaban a data na que o Goberno de España tiña previsto reunir a comisión de seguimento do convenio marco de colaboración (asinado o 22 de xuño de 2016) entre o Ministerio, a Xunta, o Concello e ADIF, para o desenvolvemento da futura Estación Intermodal de Ourense.

HIPER MASIDE

·      A resposta recibida onte mesmo a esta pregunta (tres meses e medio despois) supón unha absoluta falta de respecto a Ourense: “La Comisión de seguimiento se podrá celebrar en el momento que se considere más adecuado, en función del desarrollo de los trabajos y la situación de las instituciones firmantes del convenio”.

·      Esta resposta evidencia, segundo os senadores ourensáns, “a escasa vontade do Goberno de Sánchez de asumir as obrigas que contempla o convenio marco, pois é a súa parte das obras a que nin está, nin se lle vislumbra data de inicio. O Ministerio que dirixe o señor Ábalos está a desprezar os intereses de Ourense, castigando á cidadanía sen a obra máis importante que estaba prevista nas últimas décadas. Coa súa actitude insolidaria estanse a rir de Ourense e das administracións que asinaron o convenio marco con eles”.

Os senadores ourensáns Jesús Vázquez, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández rexistraron unha pregunta o 28 de maio na que solicitaban a data na que o Goberno de España tiña previsto reunir a comisión de seguimento do convenio marco de colaboración (asinado o 22 de xuño de 2016) entre o Ministerio, a Xunta, o Concello e ADIF, para o desenvolvemento da futura Estación Intermodal de Ourense.

A resposta recibida onte mesmo a esta pregunta (tres meses e medio despois), supón unha absoluta falta de respecto a Ourense: “La Comisión de seguimiento se podrá celebrar en el momento que se considere más adecuado, en función del desarrollo de los trabajos y la situación de las instituciones firmantes del convenio”. É dicir, non hai data, nin se espera que a haxa por parte do Goberno Central, para esta importante comisión que debe velar polo correcto desenvolvemento dos traballos. “Coa súa actitude insolidaria estanse a rir de Ourense e das administracións que asinaron o convenio marco con eles”

Esta resposta evidencia, segundo os senadores ourensáns, “a escasa vontade do Goberno de Sánchez de asumir as obrigas que contempla o convenio marco, pois é a súa parte das obras a que nin está, nin se lle vislumbra data de inicio. O Ministerio que dirixe o señor Ábalos está a desprezar os intereses de Ourense, castigando á cidadanía sen a obra máis importante que estaba prevista nas últimas décadas”