Espazo Común asegura que son varias as ocasións en que veciños da rúa Ourense, unha das principais arterias de entrada e saída do Carballiño, se dirixen a eles reivindicando a necesidade imperiosa de actuacións neste entorno.
Afirman que a maleza invade as beirarrúas, que están en estado catastrófico, o asfalto presenta grietas, os pasos de peóns están totalmente borrados e que hai desniveis con perigosas caídas sen valado. Reseñan que é unha porta pola que pasan moitos visitantes, e unha zona densamente poboada.
A única actuación que lembran aseguran que foi a retirada dos camións que aparcaban en dita rúa, o que recordan que se acadou polo entonces concelleiro de tráfico, Adolfo Nogueira.
Demandan que se comece a traballar dende xa en dito proxecto para que sexa unha realidade.