Boborás quere modificar o PXOM para conseguir solo para unha residencia de maiores

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, reuniuse con Manuel Baltar, para tratar algúns temas en beneficio do futuro do municipio.  Entre outros temas, un de vital importancia é a modificación do PXOM, segundo asegurou Torres.

A alcaldesa anunciou que antes de que remate o ano licitarán a redacción da modificación do PXOM no núcleo de Boborás para dotar de solo co fin de facer unha residencia de maiores,  que será un servizo máis pero tamén unha fonte de emprego para os veciños. Así mesmo, engadiu que queren levar a cabo a construción dun aparcamento público para paliar a falta do mesmo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén comentou que licitarán a redacción do Plan Parcial no solo dotacional da Almuzara, unha parcela de 20.000 m2, mercado durante o goberno de Cipriano Caamaño e que agora é preciso que se de este paso para logo facer as vivendas de promoción pública.