O concello do Carballiño celebra un pleno ordinario este venres ás 09:30 horas

A corporación do Carballiño reúnese de novo este venres para celebrar un pleno ordinario, recordando que dende xullo non se celebra ningunha sesión. A orde do día deste pleno recolle a aprobación da ordenanza fiscal reguladora, tres expedientes de modificación de créditos, o procedemento xenérico da nova xestión do Muíño das Lousas e a aprobación da corrección de erros dos orzamentos.

En canto ó control da oposición, nesta sesión recóllense as seguintes mocións para debater. O BNG pide a posta en marcha dun programa de actividades de conciliación; Espazo Común a adaptación dos colexios á Covid-19 e o acondicionamento da Avenida do Balneario, e o PP, unha serie de modificacións das ordenanzas fiscais.

AVANTAR ACTIVIDADES