O proxecto de apoio sanitario ós centros educativos pasará pola provincia en tres semanas. Hoxe estivemos en Boborás

Publicidade ASPADISI

O proxecto de apoio e reforzo aos centros educativos de formación COVID, “Heroes contra o coronavirus” estivo esta mañá no CEIP Nosa Señora de Xuvencos; no CEIP Eulogio Gómez Franqueira, de San Amaro; no CEIP Carmen García Carrasco, en Cenlle, e no CEIP San Salvador, de Arnoia. Mañá xoves será a quenda do CEIP de Quins e o CEIP Vila do Arenteiro, e o venres no IES nº1 do Carballiño.

Na visita a cada centro estarán acompañados do enlace sanitario do centro de saúde de referencia de cada centro. O equipo de coordinación pon a disposición dos centros unha caixa de correo, no que se dará resposta rápida a calquera dúbida.

HIPER MASIDE

Hoxe estivemos no CEIP Nosa Señora de Xuvencos, en Boborás. Neste caso foi Melania, no centro de saúde do Carballiño a encargada de impartir esta formación ós máis pequenos. Asegura que teñen xa moita información clara da casa e que se mostran moi participativos.