Camilo Nogueira e Eduard Velasco gañadores na XXXV edición do premio Antón Losada Diéguez

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Sirva a presente nota de prensa para comunicarlles cal foi o fallo do premio Antón Losada Diéguez que organiza tanto o Concello de Boborás como o do Carballiño , que xa vai pola súa XXXV edición e que se celebrou no edificio sociocultural “Manuel Chamoso Lamas” de Boborás ás 11.00 horas de hoxe.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

CREACIÓN LITERARIA

Por parte dos membros do Xurado analízanse todas e cada unha das obras que se incluíron no campo de Creación Literaria e como resultado do estudo e deliberación resulta premiada por maioría o libro “Os días felices de Benvido Seixas” do autor Eduard Velasco e da editorial Xerais.

Neste caso o  xurado explica “Eduard Velasco que se revelou na literatura de noso con dous poemarios, estréase na narrativa cunha novela ben estruturada na que participan personaxes moi traballados e cun ton humorístico logrado, de agradecer no sistema literario galego. Os días felices de benvido Seixas evita as modas, e o autor decide contar as peripecias con frescura”.

INVESTIGACIÓN E ENSAIO

Neste caso tamén resulta premiada por maioría  tras un amplo debate a obra “Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010)” do autor Camilo Nogueira e da editorial Xerais, segunda vez que resulta premiado no Antón Losada Diéguez.

O xurado considerou que Este ensaio de Camilo Nogueira é o derradeiro elo dunha triloxía adicada a Galicia como nación no mundo: unha interpretación suxestiva que se basea nun importante coñecemento e reflexión da Galicia dos últimos cinco séculos”

Cabe destacar que tanto nas modalidade de Creación Literaria como no de Investigación e Ensaio o xurado destacou a gran calidade das obras presentadas que foron de 17 e 19 respectivamente.

A entrega do premio será o vindeiro 7 de novembro de 2020 no Pazo de Moldes.

O xurado estivo composto nesta ocasión polas seguintes persoas:

PRESIDENTA:

– Dona Ana Patricia Torres Madureira, alcaldesa de Boborás

VOGAIS:

– Don Diego Fernández Nogueira, concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño

– Don Luis González Tosar,  representante da Deputación de Ourense

–  Don Xosé Manuel Núñez Seixas, representante do Consello da Cultura Galega.

– Don Clodio González, representante da Real Academia Galega 

– Don Xosé Fernández Salgado, representante da Universidade de Vigo

– Don Xosé Manuel Salgado Rodríguez, representante da Universidade de Santiago de Compostela.

– Don Manuel Ferreiro Fernández, representante da Universidade da Coruña

SECRETARIA:

  • Dona Carmen Janeiro Estévez, funcionara do Concello de Boborás

Non asiste Francisco Fariña Busto, representante do Museo do Pobo Galego, xustificando a súa ausencia.

Boborás, 03 de outubro de 2020