A Confederación acondiciona o río Barbantiño ó seu paso por Punxín

IES CHAMOSO LAMAS

Durante a inspección previa a este tramo do río Barbantiño, detectouse a presenza de gran cantidade de árbores caídos e ramas secas no cauce. Ademais, observáronse numerosos alisos secos en pe con risco de caída, con risco para os usuarios.

Tamén se detectou un tapón nunha ponte e maleza na zona do Bañiño. As actuacións leváronse a cabo nos tramos que afectan á Punxín e a Amoeiro.

HIPER MASIDE

As actuacións consistiron na tala, troceado, apilado e retirada das árbores secas presentes no tramo, ademais do acondicionamento e limpeza do cauce. Procedeuse ademais á retirada dos tapóns presentes nas infraestructuras de paso da árbore sobre o alude na zona do Bañiño, para evitar inundacións e adefeccións á súa estabilidade en momentos de intenso caudal.