Carballiño e Ribadavia cancelan as actividades culturais previstas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O cine club do Carballiño anunciou que cancela a súa proxección dos venres no Auditorio Manuel María ata novo aviso, agardando para retomala a que a liña ascendente de casos se vexa mermada e as restricións se afrouxen.

No mesmo senso de responsabilidade concorda a Fundación Insua dos Poetas, que toma a medida de cancelar o concerto de jazz previsto para a cornada do domingo. Deste xeito, a totalidade de actividades culturais quedan canceladas no concello do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da asociación fotográfica O’Potiños, Manolo Blanco, anunciaba esta mañá a cancelación do acto de homenaxe a Moncho Fuentes previsto para este domingo, cunha presentación da exposición ó seu nome que ofrece o Arenteiro Fotográfico. A asociación asegura que dadas as medidas restritivas impostas por sanidade, vense na obriga de cancelar este acto. Pola contra, o que seguirá aberto ó público son as exposicións xa ubicadas nos diferentes locais do Carballiño que colaboran co evento.

A ICC WEEK APRAZA OS CONCERTOS E MANTÉN A PROGRAMACIÓN DAS CHARLAS SEN PÚBLICO, QUE PODERÁN SER SEGUIDAS EN DIRECTO POLA CANLE DE YOUTUBE 

Despois da xuntanza do presidente da Diputación de Ourense, Manuel Baltar, cos organizadores da Ourense ICC Week, e en cumprimento das medidas sanitarias aprobadas pola Consellería de Sanidade nas últimas horas, así como para garantir o mantenemento de todos os protocolos Covid-19 nun grao óptimo, a organización da Ourense ICC Week decidiu aprazar os concertos do vindeiro sábado de Juan Perro, programado para Ribadavia, e a sesión vermú (gratuíta previa inscrición), que estaba prevista nesa mesma localidade o sábado coa presencia de Anni B Sweet, Yawners e DJ Isaac Pedrouzo. As datas definitivas daranse a conocer nos vindeiros días.