O BNG critica a falla de atención da Xunta de Galicia co IES O Ribeiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A formación critica que haxa grupos de bacharelato con 33 alumnos, con clases no salón de actos, nas que o alumnado ten que permanecer toda a xornada lectiva nunha cadeira con pala de escritura.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén fan mención ó peche do colexio da Alameda de Ribadavia cando neste curso se necesitan máis espazos educativos que nunca para manter as distancias interpersoais.

Dende o grupo demandan información sobre cales foron as actuacións do concello en materia de prevención nas últimas semanas, e propuxeron que se lle ofreza aos centros educativos persoal municipal de axuda nas tarefas de prevención a realizar nas entradas e saídas dos centros escolares.

Ademais insistiron en saber se por parte do goberno municipal existe vontade de cumprir o acordo unánime do último pleno para levar a cabo unha serie de accións para a protección social e a reactivación económica de Ribadavia.