Os partidos de Terceira División de Fútbol manteñen a data de inicio da competición para este domingo día 18. Así o ratificaron nunha reunión na sede da Federación Galega de Fútbol. Se non hai cambios na normativa que aproben as autoridades e que afecten ó ámbito deportivo, a competición iniciarase sen incidencias.

Os clubes conseguiron o compromiso da Federación de axudar a sufragar o xefe médico que deben ter os equipos, unha nova medida de seguridade, e a abonar o 50% do custe dos test de Covid-19.