Seguen baixando os casos activos por Covid no Carballiño. Hoxe 5 menos para un total de 41

Aínda que menos ca onte a traxectoria de casos activos tanto no Carballiño e na comarca segue a baixar.

Publicidade

Hoxe 5 casos menos no Carballiño para un total de 41 casos e 8 menos na comarca para un total de 74

O indice de casos por cada 100000 habitantes é de 291 no Carballiño e de 278 na comarca

Boborás baixa 1 para un total de 9

Cea baixa 1 para un total de 7

Beariz mantense con tres, Maside con 2, Piñor con 6, Punxín con 2 e San Amaro con 1

O Irixo mantén os tres