O BNG cree que as medidas chegan tarde para Ribadavia

Nesta semana agravouse a extensión da pandemia aos centros de ensino de Ribadavia, que a día 12 de novembro acumulaban 10 dos 98 casos de toda a provincia e unha das dúas aulas pechadas na provincia de Ourense.

Publicidade

O BNG xa anticipaba que canto antes se tomaran as medidas antes se controlaría a situación e menos tempo se manterían, pero consideran que a oportunidade de telo feito xa pasou, e que agora mentres outros concellos poden ver relaxadas as restricións, Ribadavia entra de cheo nelas, e ás portas da campaña de Nadal.

Piden con urxencia retomar a xuntanza de portavoces dos distintos grupos municipais para habilitar liñas de axuda ás persoas, autónomos e pequenas empresas que se van ver máis afectadas.