O Carballiño resta dous casos hoxe, sumando un total de 27 persoas contaxiadas

Publicidade ASPADISI

O Concello do Carballiño baixa hoxe os casos activos en dúas persoas, ata situarse nos 27, sen apenas grandes cambios dende os últimos tres días. Isto quere dicir que hoxe as altas son maiores ca os contaxios novos. Aínda así, dende o concello informan de que as altas e os contaxios están en cifras equiparadas, por iso o descenso destes días é moi paulatino. A comarca mantén os datos totais, con 47 persoas. A pesar destes datos, o concello volve hoxe á cor amarela no mapa galego. Despois de 7 días constatando que os casos novos de coronavirus eran inferiores a 7, no mapa de hoxe volve a cor amarela, que representa nivel de alerta 1 e que supón que nos últimos 7 días houbo entre 7 e 14 contaxios novos.

O resto de concellos mantéñense estables. Beariz baixa un caso, para situarse cun só caso positivo; Maside sobe un caso, para situarse nos dous casos activos e Piñor sobe un caso tamén, para situarse nos 4 casos activos. Boborás mantén os 7 casos, O Irixo mantén dous casos, Punxín conta cun caso e San Cristovo de Cea con tres casos. O único concello que non ten ningún caso activo é San Amaro.

HIPER MASIDE