Os premios ao Mellor Viño de Galicia recaeron en “Pazo Lalón”, da bodega Pazo Lalón S.L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos

13,00 h.- O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidirá a entrega dos galardóns das XXXII Cata de Viño, XXII Cata de Augardentes e IX Cata de Licores Tradicionais de Galicia. No salón de convencións do edificio Cinc (Monte Gaiás, s/n).. foto xoán crespo 19/11/2020
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro do Medio Rural presidiu o acto final de entrega dos premios aos mellores viños branco e tinto de Galicia e os potes das augardentes e licores

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

JOSÉ GONZÁLEZ: “AS CATAS DE GALICIA PERMITEN PROMOCIONAR, IDENTIFICAR E PREMIAR A TRADICIÓN, O ESFORZO E DEDICACIÓN DE ADEGUEIROS E AUGARDENTEIROS”

  • Os premios ao Mellor Viño de Galicia recaeron en “Pazo Lalón”, da bodega Pazo Lalón S.L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos e “Ó Prómine Singular”, de bodegas Petrón S.L. (DO Ribeira Sacra)
  • No certame deste ano participaron 348 mostras de tintos e brancos pertencentes a 143 adegas e outras 25 de augardente, licor de herbas ou licor café correspondentes a oito empresas galegas

O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu hoxe a entrega dos premios das Catas de Galicia 2020, onde sinalou que este recoñecido certame permite promocionar, identificar e premiar a tradición, o esforzo e dedicación de adegueiros e augardenteiros. Así, felicitou a todos os participantes e, en especial, aos gañadores por elevar os viños galegos ao máximo prestixio, primando a súa calidade e dándose a coñecer polo mundo enteiro.

13,00 h.- O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, presidirá a entrega dos galardóns das XXXII Cata de Viño, XXII Cata de Augardentes e IX Cata de Licores Tradicionais de Galicia. No salón de convencións do edificio Cinc (Monte Gaiás, s/n).. foto xoán crespo 19/11/2020

No acto de entrega, no que tamén participou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, o conselleiro agradeceu o compromiso deste sector tan estratéxico para Galicia que, ano tras ano, se consolida como unha aposta segura para o futuro do rural galego. Neste senso, cabe destacar que na nosa comunidade unen esforzos máis de 13.400 viticultores e 479 bodegas, capaces de xerar un valor económico anual que supera os 200 millóns de euros.

Así, o titular de Medio Rural fixo entrega dos premios ao Mellor Viño de Galicia , que este ano recaeron en “Pazo Lalón”, da bodega Pazo Lalón S.L. (DO Ribeiro) na categoría de brancos e “Ó Prómine Singular”, de bodegas Petrón S.L. (DO Ribeira Sacra) na categoría de tintos. Así mesmo, tamén se deron a coñecer os gañadores das catas de augardentes e licores tradicionais. O resto de galardóns entregáronse de xeito individualizado nas sedes dos consellos reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas debido ás medidas sanitarias pola covid-19.

I.X. AUGARDENTES DE GALICIA  
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E POTE DE OURO PAZO DE SEÑORÁNS – PAZO DE SEÑORÁNS, S.L.U.
2º POSTO E POTE DE PRATA VIÑA ARMENTEIRA – LAGAR DE FORNELOS, S.A.
I.X. LICOR DE HERBAS  
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E POTE DE OURO QUENZA – CUSTOMDRINKS, S.L.U.
2º POSTO E POTE DE PRATA BOUZA DO REI – BOUZA DO REI, S.A.T.
I.X. LICOR CAFÉ  
MARCA PREMIADA E ADEGA
1º POSTO E POTE DE OURO FONTE DO FRADE – PAZO DE VALDOMIÑO, S.A.
2º POSTO E POTE DE PRATA PAZO VALDOMIÑO– PAZO DE VALDOMIÑO, S.A.

Proceso de cata a cegas

Cómpre lembrar que os gañadores de cada categoría foron elixidos tras un rigoroso proceso de cata a cegas levado a cabo durante cinco días -entre o 26 e 30 de outubro- por un total de 21 expertos, 14 deles encargados de valorar os viños e outros sete encomendados para as augardentes e licores tradicionais. Así, tras a criba inicial, este panel de profesionais tivo que escoller entre 348 mostras de tintos e brancos pertencentes a 143 adegas e entre outras 25 de augardente, licor de herbas ou licor café correspondentes a oito empresas galegas.

Ademais, no que atinxe aos viños, recolléronse e identificáronse as botellas participantes nas súas respectivas bodegas, envolvéndoas en material opaco e introducíndoas posteriormente nunha caixa selada para garantir que as catas fosen totalmente a cegas. Así, só quedaba visible o nome da categoría na que participaban e se se trataba de viño branco ou tinto. Con respecto ás augardentes e aos licores tradicionais, recolléronse as mostras en envases idénticos de 3/8 de litro, para que tamén resultase imposible recoñecelos e identificalos, asegurando a máxima rigorosidade e anonimato.