Sanidade pasa ó Carballiño a nivel 2 de alerta, relaxando as medidas

O subcomité clínico de expertos que fai seguemento da evolución da Covid-19 en Galicia acaba de acordar o establecemento de novas medidas nos concellos de Vilalba e A Laracha, ó tempo que decide suavizar as restricións vixentes no Carballiño.

Con esta rebaixa permitirase a entrada e saída de persoas ó termo municipal e a reapertura, con limitacións, dos negocios de hostalaría. Dende a medianoite de hoxe estarán en marcha estas medidas, que supoñen unha relaxación nas restricións.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballiño convértese no primeiro concello de Galicia que, logo de ter as medidas máis restritivas de toda a comunidade galega, consegue doblegar a curva e relaxalas. A mediados de outubro, o municipio foi o primeiro en sufrir estas medidas, tomándose como exemplo para aplicalas noutros 60 concellos galegos.

Foi sinalado como `modelo` das restricciones por parte da Administración autonómica, o propio conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apuntou nos últimos días a posibilidad de que O Carballiño abandonase o grado máximo de restricciones.