Dende o círculo de Podemos no Carballiño solicitan máis información e transparencia no brote xurdido na residencia San Antonio de Beariz.

Dende o Círculo de Podemos no Carballiño aplauden o esforzo de toda a veciñanza do Carballiño e que o mesmo se vise recompensado co levantamento das restricións que se anunciaron onte por parte do Comité Sanitario da Xunta de Galicia.

E xustamente sendo coñecedoras do esforzo que supuxo para moita xente e sobre todo para os sectores máis afectados, nomeadamente a hostelería e o comercio local, lles preocupa moito o brote detectado na Residencia San Antonio, situada no veciño concello de Beariz e na que deron positivo en COVID 5 usuarias dos apartamentos e 10 usuarias do propio centro, ademais de 7 traballadoras.

AVANTAR ACTIVIDADES

“E nos preocupa non tanto pola xestión que se poida levar en este tema a partir da xerencia e das traballadoras de dito centro que nos consta que é moi boa, senón pola escasa información que se está dando sobre o posible orixe do contaxio e a trazabilidade do mesmo”, afirma Manuel Nogueira, integrante do Círculo local.

“Se descoñece si tras o cribado que se fixo fai uns días a persoal e persoas usuarias, as traballadoras afectadas están a manter o total illamento, como correspondería. E temos esta preocupación, porque varias de esas traballadoras viven fora do concello de Beariz” afirman dende a formación morada.

Por iso, solicitan ao alcalde de Beariz informe ao respecto de este punto e se aclare si a autoridade sanitaria competente está facendo o debido seguimento ás persoas traballadoras positivas en COVID-19.

Tamén solicitan no seu comunicado aos alcaldes dos concellos veciños, que se manteñan alerta ante brotes de esta índole para non ter que lamentar un posible crecemento exponencial dos contaxios, pondo en risco innecesario á veciñanza de toda a comarca.