A Xunta de Galicia adxudicou estas obras por un valor de 122.700 euros, logo de que a Consellería de Cultura fixese un estudo previo das condicións nas que se atopaba o inmoble. Trátase dunha humanización que contempla a reforma integral exterior e estrutural e o cambio de tellado.

Esta edificación é un monumento do século 16, documentado dentro do inventario da Dirección Xeral de Patrimonio. A súa capela quedou en desuso na década de 1960, cando se construíu unha igrexa parroquial máis grande en Leiro. Esa falla de uso fixo que os problemas na súa estrutura se fixeran latentes co paso do tempo.

O alcalde espera que para a celebración do San Pedro do ano próximo a capela estea xa rematada. Ademais, anuncia que unha vez que se rehabilite, teñen en mente ubicar nela un museo de arte sacro.