Manuel Baltar visita o colexio Divina Pastora no remate da “Semana Escolar da Provincia”

Visita Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) acompañado por Jose Perozo ó colexio Devina Pastora de Ourense pola 8ª Semana Escolar da Provincia.

Máis de 8.500 alumnos e profesores participaron nesta iniciativa da Deputación de Ourense que nesta edición tivo como obxectivo afondar no problema do acoso escolar e a violencia de xénero 

Baltar estivo acompañado na visita por profesores do centro e polo escritor Xosé A. Perozo, autor do libro Contigo na nube, obra analizada este ano no marco da Semana 

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou hoxe na xornada de clausura da “8ª Semana Escolar da Provincia”, unha actividade organizada polo goberno provincial na que participaron máis de 8.500 alumnos e profesores de 64 centros educativos de ESO e Bacharelato da provincia de Ourense. O obxectivo desta edición era afondar no problema do acoso escolar e a violencia de xénero. 

Na visita, Baltar estivo acompañado por profesores do centro e polo escritor Xosé A. Perozo, autor do libro Contigo na nube, obra analizada este ano no marco da Semana. O libro, que conta coas ilustracións de banda deseñada de Zaida Novoa, está protagonizado por Sofía, unha adolescente que é testemuña e vítima de diferentes situacións de acoso no seu centro escolar.  

Manuel Baltar expresou “a satisfacción que supón ver que máis de oito mil estudantes ourensáns se sumaron a esta iniciativa”, e agradeceu “o entusiasmo de profesores que colaboraron para levala adiante”, engadindo que a Deputación de Ourense “seguirá realizando esta actividade nos próximos anos, polo que permite de achegamento aos máis novos da provincia con mensaxes completamente actuais e que nos parecen interesantes para divulgar, e, de feito, a resposta deles é absolutamente positiva”.