CxG leva ante a Valedora do Pobo a extinción da Fundación Benigno Quiroga de Punxín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Eladio Fernández, remitiu un escrito á Valedora do Pobo de Galicia, María Dolores Fernández Galiño, sobre a falla de información do goberno municipal de Punxín, en relación co proceso de extinción da Fundación Benigno Quiroga.

Eladio Fernández, especifica no escrito os motivos da falla de transparencia e inxustificado ocultismo ao resto dos membros da Corporación como a tódolos veciños, nun proceso que ten moitas dúbidas sobre a finalidade da extinción da Fundación Benigno Quiroga, con máis de 100 anos de existencia e sendo o maior ben público que ten o Concello de Punxín.

COMERCIAL ORCELLÓN

O concelleiro tamén lle transmitiu que despois dun Pleno Extraordinario sobre o asunto e un recurso de reposición advirten un incumprimento da lei, xa que as corporacións locais deben facilitar a máis ampla información sobre a súa actividade.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------