• Gabriel Alén amosoulle a súa felicitación por desenvolver esta iniciativa de participación escolar de forma segura, “agradezo o esforzo de toda comunidade educativa, nenos e nenas, profesores, equipos directivos e persoal de servizos por garantir o cumprimento dos protocolos anticovid”

O delegado territorial subliñou que “este tipo de ideas imaxinativas son benvidas pois de xeito seguro temos a posibilidade de que os escolares de toda a comarca participen en actos colectivos despois de vernos na obriga de reducir os contactos persoais e sociais ao mínimo para previr e loitar contra a pandemia

O delegado territorial da xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na Gala anticovid organizada por 12 centros educativos da comarca do Carballiño e na que participaron de xeito virtual 2.459 alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 3 e 18 anos.

O delegado saudou aos presentes na sala e aos que tralas pantallas dor ordenadores seguiron o acto desde os diferentes centros educativos  e amosoulle a súa felicitación por desenvolver esta iniciativa de participación escolar de forma segura, “agradezo o esforzo de toda comunidade educativa, nenos e nenas, profesores, equipos directivos e persoal de servizos por garantir o cumprimento dos protocolos anticovid”; e destacou especialmente “a lección de responsabilidade que a diario nos están a dar os alumnos e alumnas no uso da máscara”.

Gabriel Alén louvou a idea dos organizadores, e manifestoulle que “este tipo de ideas imaxinativas son benvidas pois de xeito seguro temos a posibilidade de que os escolares de toda a comarca participen en actos colectivos despois de vernos na obriga de reducir os contactos persoais e sociais ao mínimo para previr e loitar contra a pandemia”

O acto, que contou cun escenario central no Auditorio do Carballiño, foi retransmitido por streaming a todas as aulas dos centros onde o alumnado estivo vendo e participando en directo na gala. Así, os estudantes de cada un dos colexios levaron a cabo actuacións de música, baile ou teatro que se foron intercalando coa programación do escenario central do Carballiño.