O proxecto “Acende o Xacobeo” da Xunta iluminará seis monumentos da provincia, entre eles a Torre do Reloxo de San Cristovo de Cea

O proxecto “acende o xacobeo” da Xunta iluminará seis monumentos da provincia como conta atrás cara o xacobeo 2021

  • A iluminación na comunidade galega levarase a cabo desde o 22 ao 31 de decembro en tres fases co acendido dos edificios máis singulares de cor azul, co logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela
  • Os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela. O seu acendido principiará as 18,30 h. ata as 24,00 h.

O proxecto “Acende o Xacobeo” da Xunta iluminará seis monumentos da provincia como conta atrás cara o xacobeo 2021. Nunha primeira fase que principia maña, 22 de decembro ata o 25, acenderanse as luces do edificio do concello do Barco de Valdeorras, emprazado no Camiño de Inverno; e a Igrexa de San Martiño da Gudiña, o Parador Castelo de Monterrei e a Colexiata de Santa María de Xunqueira  de Ambía; os tres últimos pertencentes á Vía da Prata. Nunha segunda fase, do 26 ao 28 de decembro, acenderanse as luces da Catedral de Ourense e as da Torre do Reloxo de San Cristovo de Cea

AVANTAR ACTIVIDADES

Os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela. O seu acendido principiará as 18,30 h. ata as 24,00 h.

Trátase de 41 monumentos representantivos das diferentes rutas do Camiño de Santiago que pasan pola comunidade galega, aos que se suman 50 doutras 10 autonomías que colaboran na iniciativa.

Ademais, na Torre do Reloxo da Catedral, coñecida como A Berenguela, proxectarase durante o período un vídeo de animación que tamén recreará a peregrinación a Compostela.

Á iniciativa sumáronse 10 comunidades autónomas –Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia e Navarra- iluminando outros 50 monumentos, moitos deles vinculados ao Camiño de Santiago. Castela e León seguirá a mesma secuencia por fases que a comunidade galega e no resto de autonomías o acendido realizarase o 31 de decembro. No caso de Madrid, as iluminacións na glorieta de Atocha e no distrito de Fuencarral co logo do Xacobeo 2021 en gran formato estarán presentes durante todo o Nadal.

*Detalle das diferentes fases de iluminación:

FASE 1 (do 22 ao 25 de decembro)

Camiño Concello Localización
Camiño de Inverno O Barco de Valdeorras Concello do Barco de Valdeorras
Vía da Prata A Gudiña Igrexa de San Martiño da Gudiña
Vía da Prata Monterrei Parador Castelo de Monterrei
Vía da Prata Xunqueira de Ambía Colexiata de Santa María

FASE 2 (do 26 ao 28 de decembro)

Camiño Concello Localización
Vía da Prata Ourense Catedral de Ourense
Vía da Prata San Cristovo de Cea Torre do Reloxo