Carballiño sobe un contaxio, ata os 7 casos activos. Os demáis concellos mantéñense estables

O Concello do Carballiño sobe hoxe un caso, para situarse nos 7 contaxiados. Os casos mantéñense estables entre os 5 e os 7 nos últimos días. A comarca estabiliza os casos, subiendo un caso activo ata os 32 totais.

O foco preocupante segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai dez días e que a día de hoxe conta con 21 casos activos. Con respecto ós últimos días non sufriu apenas evolución este brote.

AVANTAR ACTIVIDADES

Beariz mantén os 2 casos activos da fin de semana, ó igual que Boborás, que tamén conta con dous contaxiados. Piñor pasou de ter un caso activo onte a estar hoxe libre de covid. No caso do Irixo, Maside, Punxín e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.