O Carballiño sobe ata os 15 casos e Cea afianza a tendencia á baixa

Publicidade ASPADISI

O Carballiño retoma a suba de contaxios. Nos últimos días os datos balanceáronse entre os 11 e os 14 contaxiados, e hoxe soben nunha persoa ata os 15. A comarca estabiliza os casos polas baixadas noutros concellos, baixando ata os 26 casos totais.

O foco preocupante, pola idade dos pacientes, segue na residencia da Virxe da Saleta, en San Cristovo de Cea, co segundo brote rexistrado neste centro que se iniciou xa fai quince días e que a día de hoxe xa baixou ata os 7 casos activos, un caso menos ca onte. A evolución que amosa é positiva, baixando dende os 21 a menos da metade nunha semana.

HIPER MASIDE

Boborás, que tiña dous casos activos nestes últimos días está agora libre de covid. O Irixo mantén os dous contaxiados logo de levar semanas sen ningún caso. Piñor mantén un único contaxiado e Punxín pasou de non ter casos a rexistrar un positivo hoxe.  No caso de Maside, Beariz, e San Amaro, mantéñense libres de coronavirus.