Tres casos de covid aplazan o inicio da segunda volta para o Arenteiro

O Club Deportivo Arenteiro facía esta mañá os test de coronavirus rutinarios ós seus xogadores ate a celebración este domingo do primeiro partido de volta da Liga. Os resultados amosaban o positivo de tres xogadores, polo que se activou o protocolo covid e se avisou tanto ó Sergas coma a Real Federación de fútbol. Polo de agora, o partido deste domingo contra o Arosa queda aprazado, e están en espera os seguintes.

Publicidade

Do mesmo xeito, informouse ó concello do Carballiño, que tomou a decisión de non retomar a volta á actividade da Escola Municipal ata o 11 de xaneiro polo menos. Polo de agora, estase a proceder a unha desinfección máis profunda das instalacións da Uceira, ademais das que xa se fan a diario.