O BNG de Barbadás pedirá no pleno deste luns o aumento das bocas de rego nas parroquias do concello

Desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Barbadás consideran moi necesario que todas as parroquias do municipio conten con estes elementos que resultan fundamentais en casos de emerxencia.

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Barbadás, concretamente os concelleiros Carlos González e Sarín Núñez, rexistraron unha moción para ser debatida no pleno deste luns no Concello de Barbadás relativa a incrementar o número de bocas de rego nas parroquias do municipio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Destacan os nacionalistas que aínda que teñen constancia da existencia de bocas de rego nalgunha das parroquias do concello, hai numerosos lugares, sobre todo naqueles recunchos máis históricos, nos que de producirse algún incendio nunha vivenda, non existe a dia de hoxe, a protección acaída dunha boca de rego nas súas inmediacións.

Refírense no BNG a esas zonas máis antigas das parroquias nas que unha motobomba non pode entrar, e que se verían en serias dificultades ante unha contixencia nefasta.

Entenden polo tanto, que si a rede de bocas de rego se fai máis extensa, para cubrir a totalidade dos núcleos de poboación do concello, á veciñanza gañaría en seguridade e protección, ao tempo que permitiría que unha motobomba ou outro vehiculo para a extinción de lumes, puidera facer acopio de auga para unha situación de emerxencia sen ter que desprazarse do lugar do sinistro.

Por todo o exposto com anterioridade, desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Barbadás, solicitarán do pleno da corporación a adoción dos seguintes acordos:

            1º.- Que se acometa polo servizo de urbanismo, en colaboración con Protección Civil e coa Policia Local, un estudo exhaustivo das distintas parroquias do concello, para visualizar a cobertura que existe na actualidade coas bocas de rego que hai hoxe instaladas.

2º.- Que con cargo aos orzamentos para o 2021, se instalen as bocas de rego e as mangueiras pertinentes naqueles lugares que non teñan a cobertura precisa e que se identificasen no estudio anterior, para resolver contixencias non desexadas.