O PP pedirá no próximo pleno a creación dun ceminterio civil e de promoción municipal

O Partido Popular do Carballiño pedirá á corporación que se aproben unhas bases técnicas e administrativa para que, por medio de concurso, se poidan ofertar terreos ó Concello do Carballiño para a construción dun cemiterio civil municipal. Ademais, tamén solicitarán que se habilite unha partida económica nos orzamentos do 2021 para a tramitación e adquisición dos terreos.

A formación considera que é un problema cada vez máis acuciante que O Carballiño ten o seu cemiterio parroquial colmatado, sen posibilidade de construción de novos nichos ou de adquisición dos xa existentes.
Afirman que o Concello ten a obriga de proporcionar este servizo público a veciñanza, e por iso recalcan que é preciso que a vila conte, canto antes, cun cemiterio que sexa civil e de promoción municipal, e que ademais dispoña de certos servizos que non ten o actual cemiterio de Señorín, como poden ser columbarios ou espazos públicos axeitados para os visitantes.

AVANTAR ACTIVIDADES


O PP asegura que o máis desexable sería que o novo cemiterio fose unha ampliación do actual cemiterio parroquial, facendo así máis sinxela a tramitación dos procedementos ante Sanidade; pero de non ser posible a adquisición de terreos anexos, consideran que deberíase promover igualmente a súa construción noutro lugar do Concello.


Os populares aseguran que levan escoitando, xa dende novembro de 2015, que o Concello anuncia que se está facer xestións neste sentido, sen que pasados xa 6 anos se vexa nin sequera o máis mínimo resultado.