Manuel Baltar destaca a “gran capacidade empresarial do Grupo Cuevas: exemplo do seu compromiso coa provincia de Ourense”

Inauguración das novas instalacións do Grupo Cuevas no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. Asisinte Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Artur Yuste Tarragó (Director Xeral do Grupo Cuevas), Alberto Nuñez Feijoo (Presidente da Xunta de Galicia), Pedro Fernández Moreiras (Alcalde de San Cibrao das Viñas), Gabriel Alen Castro (Delegado da Xunta en Ourense) entre outras moitas autoridades e traballadores do Grupo Cuevas.

O presidente da Deputación de Ourense participou co presidente da Xunta, co alcalde de san Cibrao das Viñas e co director xerente da empresa na inauguración da nova sede, situada no polígono industrial 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá no acto de inauguración da nova sede do Grupo Cuevas, na Cidade do Transporte do polígono de san Cibrao das Viñas, xunto co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o alcalde de san Cibrao das Viñas e o director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste, así como directivos e traballadores da compañía e representantes institucionais e empresarias. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Baltar destacou “a gran capacidade empresarial do Grupo Cuevas, exemplo –dixo- do seu compromiso de progreso, competitividade e futuro coa provincia de Ourense, sendo ao longo de máis de século e medio de existencia “unha base fundamental da economía de Ourense e de Galicia, e tendo como cerne o concepto de empresa familiar”. 

O presidente do goberno provincial salientou que os logros do Grupo Cuevas “son un modelo de xestión, cooperación e innovación, demostrado durante tantos anos, e que está en constante evolución”, remarcando “o labor que neste sentido desenvolve Artur Yuste ao fronte dun excelente equipo humano que fai posible esta exitosa realidade empresarial e de emprendemento na nosa provincia”. 

O novo centro loxístico e a sede administrativa do Grupo Cuevas abrangue unha superficie de 31.860 metros cadrados repartidos en zona administrativa, cámaras de refrixerados, almacenaxe de produto, loxística e carga. No percorrido polas instalacións as autoridades asistiron ao descubrimento dunha placa conmemorativa e percorreron a área de distribución, tralo cal Manuel Baltar, Núñez Feijoo e o alcalde san Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, asinaron no Libro de Honra da compañía, para posteriormente celebrar o acto de inauguración da nova sede do Grupo Cuevas.