Dende a dirección do centro comunicaron hoxe que oCPI Terras de Maside recibiu un premio a nivel galego na II edición dos premios Xardín Galego polo traballo desenrolado no cambio que se fixo no centro, para converter un patio interior nun xardín oriental. Esta zona antes albergaba lixo procedente das aulas, xa que nel confluían as ventás de numerosas aulas.

O xardín foi deseñado e realizado por Rosa Arícia Rodríguez. A ambientación das paredes ata o segundo piso foi obra dos deseñadores Iván e Carlos de Anphilocos S.C.

Os premios Xardín Galego son un galardón posto en marcha pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam) e a Asociación Galega de Empresa de Xardinería (Agaexar) para recoñecer e difundir actuacións exemplares en traballos de xardinería pública e privada realizados por empresas e autónomos de Galicia, dignificando e promocionando o sector da xardinería na comunidade autónoma.