O concello de Beariz busca un novo xuíz de paz titular

A corporación de Beariz vai a proceder á elección do xuíz de paz titular do concello. Para tal fin, faise esta convocatoria pública cun prazo de 15 días hábiles dende a data da publicación deste edicto no BOP. Os solicitantes poderán participar sempre que sexan españois e maiores de idade e non estar incurso nas causas de incapacidade. A documentación que debe entregar á alcaldía é a certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI, a certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, e  a xustificación de méritos que poidan alegar.