O BNG de Ribadavia pide unha rebaixa o IVE na factura eléctrica

A formación asegura que a factura que a cidadanía paga pola subministración eléctrica é unha das máis caras de toda a Unión Europea. Esta realidade deriva nunha crecente alarma social cando, coincidindo coas vagas de frío, o prezo do subministro eléctrico atinxe os valores máximos.

Esta circunstancia provoca que ao redor do 30% da poboación galega padeza de pobreza enerxética.

AVANTAR ACTIVIDADES

Aseguran que é urxente que se acometan unha serie de medidas, polo que piden ó pleno que demande unha tarifa eléctrica propia para, a eliminación dos suplementos territoriais da tarifa eléctrica, unha baixada do IVE na factura eléctrica, do actual 21% ao 4% e que se garanta a subministración eléctrica a toda a poboación.