Ourense rexistra cinco falecementos pola covid, dous da residencia Quercus de Leiro

A xornada de onte foi unha das máis complicadas en Galicia en canto ós falecementos. Sanidade informaba de 29 mortes. Non todas elas ocorreron na xornada de onte, se non que algunhas pertencen á fin de semana pero Saúde Pública non confirmou que foran á causa da covid ata onte.

Cinco delas pertencían á provincia de Ourense e dentro delas, dúas correspóndense con residentes do centro de maiores Quercus de Leiro. Trátase dunha muller de 87 anos, ingresada no CHUO e outra muller de 96 anos, que faleceu na propia residencia.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que a residencia de Leiro está fancendo fronte a un brote que afecta á case a totalidade dos residentes, máis de 65 persoas.