A Xunta apoia a 25 viticultores do Ribeiro para reestruturación de viñedos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a relación das persoas beneficiarias das axudas que convoca a Consellería do Medio Rural aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. En total son 166 viticultores os que recibirán preto de tres millóns de euros. A superficie de viñedo na que se vai actuar é de case 290 hectáreas. Por provincias, a maior parte corresponde a Pontevedra, seguida de Ourense con 92 hectáreas e 78 persoas beneficiarias. Por zonas vitícolas, o maior número de persoas corresponde á Denominación de Orixe Rías Baixas  con 73, logo a de Valdeorras con 29, seguida do Ribeiro con 25.

Os principais obxectivos destas axudas son levar a cabo reaxustes estruturais que fagan diminuír os sobrecustos de produción das explotacións vitícolas de Galicia, onde predomina o minifundio. Ademais, conséguese a mellora das técnicas de xestión das viñas e reconversións varietais para optimizar a súa orientación ao mercado.

AVANTAR ACTIVIDADES