O Instituto de Estudos Carballiñeses prepara unha ruta do románico para a primaveira

Publicidade ASPADISI

Esta actividade levarase a cabo sempre que as condicións sanitarias o permitan. De xeito inicial, a súa organización programou a ruta para levala a cabo en tres etapa, pola gran cantidade de puntos a visitar. A primeira ruta comezará na ponte medieval do Carballiño e pasará por diversos puntos da contorna, adentrándose en Boborás, para rematar en Santa María de Xuvencos. Algunhas das paradas son restos románicos, igrexas, pazos ou bodegas.

A segunda ruta terá comezo en San Fiz do Varón, pasando por lugares coma Partovia, Mesego, Arcos, e diversos puntos das parroquias de Maside para chegar ata Punxín. En total visitaranse 29 puntos, entre os que destacan o Pazo de Pardo Bazán e numeroras igrexas e capelas.

HIPER MASIDE

A terceira ruta sae da Igrexa de San Facundo e remata  en San Cristovo de Cea. É a máis curta, con apenas once puntos de visita.

As persoas interesadas en participar poden enviar os seus datos (nome e apelidos, correo electrónico e teléfono móbil)-para incluílas nunha lista de candidatos- ó enderezo: idecarballino@yahoo.es.