A Mostra de Teatro Afeccionado abre o prazo de inscripción da súa XIV edición

Como tódolos anos Tiruleque, Grupo de Teatro anuncia a Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que se celebra en outono no Carballiño, e que nesta ocasión vai na súa 14ª edición, abrindo hoxe o prazo de inscripción.

As Bases teñen novidades con respecto ás do pasado ano. Entre outras cousas o prazo para presentar os traballos remata o martes, 1º de Xuño de 2021.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os requisitos imprescindibles son que as obras estean interpretadas en galego, que teñan unha duración mínima de 60 minutos e de 90 minutos como máximo e que os grupos participantes sexan afeccionados.

A data límite para enviar as inscricións e documentación será o día primeiro de Xuño (martes) de 2021. Os grupos interesados en participar na XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2021, deberán remitir ao enderezo de Tiruleque, que máis adiante se amosa:

1.1- Ficha de Inscrición debidamente cuberta e firmada.

1.2.- Catro fotos (mínimo) da representación da obra en formato JPG (ollo! NON en papel, nin PDF, nin TIFF, nin en calquera outro formato).

1.3.- Cartel da obra en formato JPG (insistimos! NON en papel, nin PDF, nin TIFF, nin en calquera outro formato).

1.4.- DVD da obra, lapis de memoria (pen drive) ou, preferentemente, enlace de internet onde se poida ver.

2.- Deberá terse en conta que os grupos seleccionados teñen a obriga de mandar 20 carteis en tamaño A3·Plus da obra a representar cando así lles sexa requirido pola organización da Mostra. No

caso de non recibirse os amentados carteis, Tiruleque encargaríase da súa confección; pero os gastos da súa impresión correrán por conta do grupo seleccionado; importe que se deduciría do pago final.

3.- A carga e descarga do material, montar e desmontar a obra, será responsabilidade de cada grupo participante, aínda que Tiruleque estará sempre no Auditorio Manuel María do Carballiño para recibir e asistirvos durante toda a xornada, como ven sendo costume e obriga que nos botamos derriba con gusto.

4.- Como é lóxico, a inscrición na XIV Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” 2021, implica a aceptación destas bases

5.- As ofertas deben dirixirse, ben por correo ordinario ou electrónico, a:

Tiruleque, Grupo de Teatro
Rúa Tomás Ma Mosquera 36 – 1o 32500 O CARBALLIÑO (Ourense) Tfnos. 988 27 00 90 * 617 35 44 56 tiruleque@galicia.com (preferente) ou a tirulequeteatro@gmail.com