O PSOE de Punxín presenta varias medidas para facer fronte á covid e critica a negativa do goberno local

Ante a que aseguran que é falla de iniciativa do goberno local, as socialistas presentaron por rexistro unha solicitude na que pedían a adopción de medidas de “carácter preventivo”, que redundarán nunha maior seguridade fronte a dispersión do virus e afirman que se atoparon ca negativa do concello.

Publicidade

A voceira socialista en Punxín, Lorena Peleteiro, critica que o actual goberno municipal “está tendo unha pésima actitude ante un tema tan grave coma a covid”. Destaca tamén que Punxín “conta a día de hoxe cunha incidencia de 1.143 casos por cada 100.000 habitantes” e láiase de que o goberno municipal “estea esperando a que as medidas sexan obrigatorias para aplicalas”.

Na súa solicitude piden que se procedese a subministración de máscaras do tipo FFP2 a todos os traballadores do concello, que se puxera a disposición da veciñanza un teléfono para  atender as demandas que poidan ter, así como atender as necesidades básicas das mesmas. Tamén solicitaban a suspensión temporal do cobro de impostos e taxas a todos os negocios do municipio.