O alcalde asegura que se remitira a documentación do SAF o día 10 de febreiro

A totalidade dos partidos da oposición amosou hoxe o seu rexeitamento ante a situación que se produciu hoxe cando se soubo que O Carballiño era un dos 19 concellos galegos que aínda non remitiran a documentación necesaria para proceder á vacinación fronte a covid das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar.

Pola súa parte, o concello do Carballiño asegurou que este problema xa estaba resolto esta mañá. O alcalde Francisco Fumega asegurou que a Federación de Municipios e Provincias solicitou ós concellos esta documentación o día 9 de febreiro e o día 10 o concello procedeu a remitila. O alcalde alega que se puido producir un erro na emisión ou recepción dos mesmos e en canto souberon que lle fora reclamada de novo, procederon a reenviala.

AVANTAR ACTIVIDADES