ESPAZO COMÚN RATÍFICASE E DEIXA EN EVIDENCIA UNHA NOVA MENTIRA DO GRUPO DE GOBERNO NA SÚA RESPOSTA SOBRE OS 115.000 € GASTADOS DAS PARTIDAS DE FESTEXOS
A resposta ofrecida ao noso comunicado, só destila mentiras e odio. Por iso adxuntamos detalle das partidas cos gastos imputados a elas.
Denunciabamos no día de onte dende Espazo Común que o grupo de goberno do Concello do Carballiño tivo a pouca decencia de gastar 115.000 € das partidas inicialmente previstas para festexos no ano no que a pandemia castigou severamente á meirande parte da cidadanía e impediu a celebración de case tódolos eventos.
Debeu tocar, este comunicado, algunha fibra sensible entre o grupo de concelleiros encargados desta materia, señores Dacal Fernández e Diego Fernández, que sempre actuan da mán do alcalde Fumega.
Con respecto ás acusacións de que os datos ofrecidos na nosa denuncia de onte non son certos, dicir que Espazo Común sempre actua con rigor e seriedade e non fai ninguha afirmación que non poida demostrar con papeis. E é que, definitivamente, non, non somos todos iguais.
A continuación desglosamos as partidas referidas cos importes gastados. Estes datos están extraídos da documentación remitida polo Servizo de Intervención Municipal sobre os orzamentos do exercizo pechado.
TRANSFERENCIAS (festival camisetas, carnavales, Xociviga…)…………….9.370 €
ACTUACIÓNS E ESPECTACULOS………………………………………………………38.367,94 €
ALUGUER MATERIAL ILUMINACIÓN, SON E OUTROS…………………. 28.428,95 €
ESPECTÁCULOS ACCIÓN SOCIAL………………………………………………………5.463,15 €
FESTEXOS POPULARES……………………………………………………………….. 34.089,86 €
TOTAL……………………………115.719,90 €
Dín tamén na súa resposta dicindo que “non adoitan entrar neste xogo”. Temos que entender logo que recoñecen que o resto das dúcias de denuncias feitas dende a nosa formación son irrebatibles e non teñen os máis mínimos argumentos para darlles contestación.
Tamén temos que entender que o responsable de prensa do Concello sinte unha irrefreable necesidade de saír a respostar coma se fora un xabarín enfurecido cando o aludido é o señor Diego Fernández.
Sen ir máis lonxe, no día anterior houbo críticas dun sector da oposición á concelleira de Benestar Social e non houbo defensa de ningún tipo do seu traballo.
Continuan no seu esperpéntico comunicado de resposta afirmando que “Espazo Común leva dende o comezo do mandato mentindo e calumniando”.
Non deixa de ser chamativo que esto parta dos autores de grandes clásicos do embuste político coma:
-Non lle imos cobrar os recibos do lixo dos catro últimos anos aos veciños de Arcos
-Imos asfaltar as rúas de Corzos ao pasar as eleccións.
-Imos facer un proxecto completo de urbanización da rúa Saleta.
-A obra de 170.000 € da Alameda atrasouse por culpa dunha empresa.
-Xa está asinado un convenio con Maside para a ampliación do chan empresarial.
-Non fai falta que a oposición vexa a documentación das débedas perdoadas a coñecidos.
-Neste 2021 imos baixar o imposto do IBI do 0.48 ao ¡¡¡¡0.54%!!!!
-Xa nos reunimos con RENFE e xa están arranxados tódolos problemas do transporte.
-Con estes 120.000 € xa queda arranxada para sempre a rúa Aquilino Sánchez.
-Cos 240.000 € gastados xa é seguro que non vai haber máis inundacións no Balneario.
-Non se perdeu o Obradoiro 2020…Bueno, si. Perdeuse pero por culpa de Boborás.
-Os aparellos de calistenia de 8.000 € atraen a moitos turistas.
-Xa temos falado coas traballadoras de Axuda no Fogar para incluir as súas demandas no prego.
-Non repartimos mascarillas polas portas a quen nos parece.
-Non imos cobrar recargo nos impostos durante a pandemia.
-Imos sacar as bases das axudas COVID en xuño…en xullo…en agosto…
-Imos resolver as axudas COVID en setembro…en outubro…en novembro…en decembro…
-Son as mellores bases do mundo, non vai quedar ninguén da “nosa xentiña” fóra.
-Pagamos 17.400 por fotocopiar as bases de Tui porque a empresa axudou a xestionalas.
Esta listaxe é só unha escolma dos “grandes éxitos” da mentira e a trola á que adoita recorrer este goberno nunha lamentable fuxida cara adiante que non fai máis ca perxudicar aos veciños do Carballiño, sobre todo, nun momento tan delicado coma este.