A Xunta inaugura o primeiro parque de xogos cuberto do Irixo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá o proxecto Irixoga, un parque infantil cuberto destinado a fomentar a conciencia ecolóxica no que a Xunta colaborou no marco da Orde de Infraestruturas de uso público cunha achega de máis de  34.000 euros. Á visita tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Publicidade

O parque sitúase  fronte ao pavillón municipal de deportes e accesible desde o CEIP da Virxe da Pena. O espazo conta con xogos adaptados a distintos rangos de idade, cun pavimento que garanta a seguridade e con catro parterres, un areeiro con pá e un mesa de traballo para que os nenos e nenas poidan adquirir conciencia do respecto do medio ambiente levando a cabo labores de plantado ou de coidado de especies vexetais.

A  Administración autonómica financia os proxectos dos concellos galegos para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. O alcalde, Manuel Cerdeira, agradeceu esta colaboración e o ofrecemento de seguir colaborando.