O Carballiño mantén os 8 casos activos estables e Boborás establécese nos 13 contaxiados

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comarca mantén hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 23, unha cifra que agora evoluciona en función da situación do Carballiño e de Boborás.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 8 contaxios, os mesmos dende o pasado martes. Estas cifras xa supoñen unha estabilidade previa á terceira vaga, a principios de xaneiro. 

Boborás é o concello no que hai que poñer o foco preocupante. Esta semana pasaba a duplicar os contaxios, presuntamente a causa da celebración dun funeral. Hoxe os datos baixan de novo, cun contaxio menos ca onte, establecéndose nos 13 positivos. Maside mantén dous casos activos dende esta fin de semana. Os demais concellos,  Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

PUBLICIDADE