O obradoiro “Os Arrieiros” recupera a Ruta do Río Silvaboa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Obradoiro de Emprego Os Arrieiros, que se leva a cabo ca colaboración dos concellos de Piñor, Irixo e San Cristovo de Cea, este último como promotor da iniciativa, da formación e prácticas a 20 alumnos divididos en dous módulos. Entre as prácticas que están levando a cabo destaca o traballo de campo realizado nos tres municipios, ca finalidade de poñer en valor camiños forestais, espazos públicos ou zonas axardinadas. Entre elas destaca a recuperación da Ruta do Río Silvaboa. Ademais da realización das tarefas, ilustran con vídeos coma os seguintes os seus traballos.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Tamén, nas últimas semanas de choivas abundantes, dedicáronse a realizar labores de recuperación hidrolóxicas e devolvendo a auga ós seus cauces para liberar os camiños.

PUBLICIDADE