Maside contará cun mapa municipal de medición de gas radón

O concello de Maside e o Laboratorio de Radón de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, acordaron a elaboración dun mapa municipal de radón para o que realizarán a medición deste gas en 69 vivendas. Este convenio e pioneiro, xa que é o primeiro en Ourense e o segundo a nivel galego. As vivendas a medir deben estar no concello de Maside e estar habitadas, ser unifamiliares, illadas ou adosadas e que o seu propietario teña o desexo de saber o nivel de radón. Nesta primeira fase medirase unha vivenda por cada núcleo de poboación.

O concello de Maside leva máis de dous anos prestando de xeito gratuíto servizo de xestión para realizar medicións de gas e asesoramento.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE