“PotiExpo 2020” estará na Casa do Concello todo marzo e abril

A pesar da pandemia, a asociación fotográfica O Potiños segue funcionando. Neste caso ofrecen unha recompilación de vinte pezas das que consideran as súas mellores imaxes do pasado ano. A mostra está ubicada nas escaleiras da Casa Consistorial e estará dispoñible todo este mes de marzo e tamén o mes de abril, en horario de apertura ó público.

Manolo Blanco amosase optimista a poder celebrar este ano a gran maioría das actividades que celebran normalmente, coma obradoiros, talleres ou charlas.

AVANTAR ACTIVIDADES

PUBLICIDADE